Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Arte Rupestre
  • Dolmens e Mámoas

Mámoa do Rei

terras vilaboa 0000 castineiras mamoa do rei

O concello de Vilaboa é o principal lugar onde se asenta o magnífico conxunto megalítico Chan de Castiñeiras, un dos campos de mámoas máis importantes de Galicia. Nas inmediacións da lagoa dae Castiñeiras está localizada a senlleira mámoa do Rei (Vilaboa), que impresiona polas súas enormes dimensións, de case vintecinco metros de diámetro.

Se ben moitos destes monumentos foron desaparecendo co tempo, Terras de Pontevedra conserva a día de hoxe algúns vestixios funerarios prehistóricos.

O municipio de Vilaboa, compartido co Concello de Marín, conserva o magnífico conxunto megalítico Chan de Castiñeiras, un dos campos de mámoas máis importantes de Galicia, onde está localizada a senlleira mámoa do Rei (Vilaboa), impresionante polas súas enormes dimensións, constituíndo a máis salientábel da zona. No mesmo municipio descubríronse mámoas nas parroquias de Figueirido e Vilaboa.

O dolmen constitúe unha construción megalítica formada por dúas lousas de pedra soterradas e en posición vertical cunha terceira lousa apoiada sobre as dúas anteriores e en posición horizontal. Toda a estrutura pétrea amósase cuberta de terra, formando un túmulo. Estas manifestacións, ás que se lles atribúe unha función funeraria, alzáronse durante o Neolítico e o Calcolítico, especialmente na franxa atlántica europea. Ás veces agrupábanse varios dolmens formando unha mámoa.

A coñecida como Mámoa do Rei é o maior dos túmulos conservados na Chan de Castiñeiras, unha necrópole megalítica composta por, cando menos, sete mámoas.

O túmulo é de dimensións considerables, uns 25 metros de diámetro por máis de 2 metros de altura. Un anel perimetral de pedra delimita o montículo, protexido por unha coiraza de pedras de mediano tamaño. No centro áchase unha anta ou dolmen de corredor, conformada por catorce ortostatos verticais que sosteñen as catro lousas do teito. A cámara mide uns tres metros de diámetro, e está cuberta por unha enorme lousa na que hai talladas, na cara superior, varias cazoletas. No interior, un dos esteos amosa unha decoración de liñas gravadas en zigue-zague, ademais dunha figura en forma de cruz ou antropomorfa. Conserva tamén restos de pintura. O corredor oriéntase ao leste, e mide uns tres metros de lonxitude. está cuberto por tres lousas, en altura decrecente segundo se alonxan da cámara. Nas escavacións, apareceron ídolos antropomorfos xunto á entrada.

O túmulo era coñecido dende os anos 50 tras as prospeccións realizadas no Morrazo polo arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. Despois, a mámoa sufríu un lamentable abandono e deterioro, conservando só algúns dos esteos in situ. No verán do 2001, unha intervención arqueolóxica reconstruíu o monumento, reintegrando a lousa que cubre a cámara, partida en dous, ademais de recuperar diversos materiais cerámicos e líticos.

Información

Dirección

Vilaboa, Marín
36913 Pontevedra

Aceso

Chégase dende as estradas locais que comunican o parque cos concellos de Marín, Vilaboa, Moaña e Pontevedra
Accesiblidade ao recurso: só andando

Info útil

O túmulo é de dimensións considerables, uns 25 metros de diámetro por máis de 2 metros de altura. Un anel perimetral de pedra delimita o montículo, protexido por unha coiraza de pedras de mediano tamaño.

 

Como Chegar á Mámoa do Rei

Código QR

qr vilaboa mamoa do rei

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.358000
Lng: -8.663944

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°21'28.8"N
Long: 8°39'50.2"W

 

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea