Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Arte Rupestre
  • Gravados rupestres de Fentáns

Os Gravados rupestres de Fentáns

O concello de Cotobade alberga numerosos gravados rupestres. Os máis significativos están localizados na parroquia de San Xurxo de Sacos, sendo especialmente importante o Conxunto de Gravados rupestres de Fentáns, que acolle preto de 300 gravados. Tres rochas destacan sobre o resto: a Pedra das Ferraduras, a Laxe dos Cebros e o Couto do Rapadoiro.

 

A Pedra das Ferraduras

Na parte superior desa rocha represéntase un dos mellores exemplos de pegadas de cérvidos e bóvidos que se conservan, que parecen camiñar deica unha combinación de círculos concéntricos. A parte sur está dominada por unha escena de caza ou acoso, constituída por sete figuras antropomorfas reducidas á mínima expresión que portan armas e rodean aos cervos. A rocha contempla ademais tres deseños dos denominados ídolos-cilindros.

Laxe dos Cebros

Sobresae polo seu deseño labiríntico con grande cazoleta central. Arredor deste deseño dispóñense varios cérvidos e combinacións circulares, coa peculiaridade de que todas as figuras están unidas entre si en maior ou menor medida.

Couto do Rapadoiro

Localizado nunha pequena rocha, nel aprécianse catro combinacións circulares. Na parte inferior distínguese o que podería ser un ídolo, unha combinación circular e un cérvido acompañado dunha figura humana que semella ferilo. Na parte dereita está representado outro cérvido. Cronoloxicamente atribúese á etapa de transición do III ao II milenio a. de C.

Audioguía de Grabados rupestres de Fentáns

Descargar audioguía de Grabados rupestres de Fetáns

Información

Dirección

Fentáns
Cotobade
36121 Pontevedra

Acceso

Aceso rodado para vehículos ata ás inmediacións da Ermida de Lixó. O aceso as estacións é soamente peonil, e esta sinalizado dende a Po-230, antes de chegar a Fentáns dende o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

Info útil

Hai unha ruta circular de 1,08 kms que se inicia na estrada PO-230 e vai de Pedra das Ferraduras a Laxe dos Cebros e ao Couto do Rapadoiro. A ruta non está sinalizada polo que é fácil perderse. Non obstante, no inicio temos un panel explicativo que permite descargar un código QR que nos guía polo monte.

 

Como Chegar ao Conxunto de gravados rupestres de Fentáns

Código QR

qr cotobade conxunto de gravados rupestres de fentans

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.52563
Lng: -8.51098,1217

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°31'32.27"N
Lng: 8°30'39.54"O

 

 
 

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea