Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Os Petroglifos de Viascón

terras 0009 cotobade viascon portela da laxe 03

Cotobade conserva numerosos restos prehistóricos, como mámoas, castros e petroglifos. Os máis destacados -ademáis dos de Fentans- son os complexos rupestres localizados na parroquia de Viascón onde se atopan os gravados rupestres de Pedra do Lombo da Costa, Laxe do Cuco e a roca de Portela da Laxe.

Portela da Laxe

cotobade portela da laxe 2

Parte dos Petróglifos de Portela da Laxe foron destruídos no último cuarto do século XX como consecuencia das obras de ampliación da estrada que une Pontevedra e Ourense. Dos seis conxuntos que había quedan dous. A rocha principal está situada na parroquia de Viascón a menos de metros do quilometro 15 da estrada N-541. Trátase dunha gran rocha a rentes do chan que mide 7,80 m. de longo por 2,80 m. de ancho. Nela destacan os gravados con combinacións circulares, cadrados recheos de puntos, paletas e unha interesante cruz esvástica no punto medio da metade esquerda.

O outro grupo da estación son dúas rochas que presentan combinacións circulares. Unha é alongada e de 6 m de longo por 1,60 m. de ancho e a outra é mais pequena 2,50 por 1,70 metros, aproximadamente.

Lat:42.490511
Lng:-8.543560

Laxe das Rodas do Lombo da Costa

terras 0007 cotobade viascon laxe das rodas lombo da costa 01

Tamén en Viascón subindo 400 metros dende N-541 por unha empinada pista forestal, encontramos a Pedra do Lombo da Costa. Nesta rocha destaca a combinación de grandes círculos con pequenas figuras zoomorfas. Estas últimas aprécianse ben só con luz solar rasante, xa que soamente con esta luz percibimos as figuras co gravado máis suave.

Información

Dirección

KM 15,N-541
Cotobade
36121 Pontevedra

Aceso

Aceso rodado para vehículos. Desvío sinalizado no km 15 da N-541.

Info útil

Acceder a Portela da Laxe é moi sinxelo e esta indicado dende a  N541. A laxe das Rodas do Lombo da Costa é máis complicado e no sobra o gps do móvil para non perderse.

 

Como chegar aos Petroglifos de Viascón

Código QR

qr cotobade os petroglifos de viascon

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.490583
Lng: -8.543928

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°29'26.38"
Lng: 8°32'38.29"O

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea