Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Arte Rupestre
  • Cerdedo - Cotobade

Arte Rupestre en Cerdedo - Cotobade

O Concello conta cun importante patrimonio de Arte Rupestre repartido por todo o territorio. En Cotobade destacan A Pedra das Ferraduras e A Laxe dos Cebros, en Fentáns, e os petróglifos de Outeiro de Lombo da Costa, entre Santa María de Sacos e San Xurxo de Sacos. En Cerdedo, a maioría dos petróglifos son abstractos, pero existen algúns xeométricos de gran interese, como os agrupamientos de círculos da Laxe da Romaxe, con sete figuras, a maior con oito círculos.

Os Gravados rupestres de Fentáns

O concello de Cotobade alberga numerosos gravados rupestres. Os máis significativos están localizados na parroquia de San Xurxo de Sacos, sendo especialmente importante o Conxunto de Gravados rupestres de Fentáns, que acolle preto de 300 gravados. Tres rochas destacan sobre o resto: a Pedra das Ferraduras, a Laxe dos Cebros e o Couto do Rapadoiro.

Seguir lendo

Os Petroglifos de Viascón

terras 0009 cotobade viascon portela da laxe 03

Cotobade conserva numerosos restos prehistóricos, como mámoas, castros e petroglifos. Os máis destacados -ademáis dos de Fentans- son os complexos rupestres localizados na parroquia de Viascón onde se atopan os gravados rupestres de Pedra do Lombo da Costa, Laxe do Cuco e a roca de Portela da Laxe.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea