Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Rotea de Mendo

04 campo lameiro rotea de mendo

Situada no monte Agüeiros, ao pé do Castro de Penalba, Rotea de Mendo presenta distintos gravados rupestres, parte deles difíciles de recoñecer a causa da erosión. Para poder contemplalos ben hai que colocarse na parte baixa da rocha onde axiña vainos chamar a atención a figura dun grande cervo macho bramando, que constitúe unha das mellores representacións deste animal nos petroglifos galegos.

Xusto de fronte obsérvase un grande cervo macho bramando, que é, xunto ás combinacións de círculos concéntricos, o motivo que mellor se aprecia. Constitúe un dos mellores e coñecidos exemplares de representación deste animal no acto de chamar á femia, que se cre que podería estar representada na parte dereita da rocha. Está provisto de grandes cornos e longo falo que está trazado mediante unha única liña. O cervo aparece en celo, bramando coa cabeza erguida en dirección a outra figura, de realización menos coidada. (Hoxe o cervo ten dúas cabezas debido a que os visitantes tenden a marcar con pedras e outros útiles unha cabeza recta, modificando así o seu gravado).

Ademais vense combinacións de círculos concéntricos, outros cérvidos e un elevado número de trazos, algúns dos cales poderían corresponder a formas antropomorfas. Tamén hai figuras realizadas en épocas máis recentes que parecen representar dúas bailarinas e que para algúns investigadores non pertencerían ao Grupo Galaico de Arte Rupestre. O resto das figuras se pertencerían, cunha cronoloxía en torno á transición do III-II milenio a. de C.

Información

Dirección

Campo Lameiro
36110 Pontevedra

Aceso

...

Info útil

...

Como Chegar á Rotea do Mendo

Código QR

qr campo lameiro rotea do mendo

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.538619
Lng:-8.558620

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°32'19.02"N
Long: 8°33'31.00"O

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea