Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR)

terras campo lameiro 0010 09 poboado

Pasear polo Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro é unha verdadeira experiencia para os sentidos. Patrimonio Cultural e paisaxe dánse a man e desvelan a maxia das pedras ao contemplar os principais motivos e escenas plasmados nos gravados rupestres galegos no contexto ambiental que lle da sentido.

Os petroglifos perduran no tempo, modificando o seu significado. A arte rupestre es un fenómeno que abarca varios milenios de duración, o principal conxunto de gravados galegos xenerouse durante os milenios III y II A.C, e na Idade de Bronce.

Centro de Interpretación e Documentación

A visita ao Parque Arqueológico inclúe o acceso a tres espazos diferenciados. A exposición estable, situada no Centro de Interpretación e Documentación, é o lugar onde o visitante reúne a información necesaria para comprender os enigmas escondidos nos petroglifos e descubrir os modos de vida dos nosos antepasados da Idade do Bronce, aproximándose ao seu rico mundo simbólico.

Finalizada a visita á exposición, o visitante inicia un cómodo percorrido pola área arqueológica anexa, que lle permitirá observar os deseños geométricos e naturalistas propios da arte rupestre galego e observar algún dos petroglifos máis sobresalientes de Galicia mediante un itinerario de mais de 3 quilómetros de lonxitude salpicado polas áreas de descanso e fontes e atravesando unha extraordinaria paisaxe cultural caracterizada pola alta densidade de petroglifos

Este conxunto artístico incorporouse recentemente ó patrimonio Cultural Europeo a través do Itinerario Cultural Europeo, CARP, Camiños de Arte Rupestre Prehistórica, asociación amparada polo Consello de Europa que agrupa practicamente tódolos grandes destinos turísticos europeos baseados na Prehistoria.

O percorrido polo Parque Arqueolóxico


Laxe da Forneiriña

laxe da forneirina

Nela pódese ver a figura dun gran animal xunto con cervos, círculos, etc.

Lat. 42º32'38.99"N
Long: -8º31'52.21"O

Laxe dos Carballos

terras campo lameiro 0006 02 laxe dos carballos

Esta estación é unha das máis relevantes de Galicia e Europa e ronda os 50 m2 de superficie gravada. Tratase dunha rocha chea de gravados na que destaca a figura do gran cervo, con lanzas cravadas no seu lombo, coma sinal de castigo ou morte, e unha corda ao pescozo. Ao lado deste gran motivo central vemos combinacións circulares, alienacións de cazoletas, outros cervos...

Lat: 42º32'43.57"N Long:
- 8º31'44.31"O

Outeiro do Cogoludo 1

terras campo lameiro 0007 03 outeiro dos cogoludos 1

Tratase do “outeiro”, un sobresaliente rochoso duns 10 metros de altura. Na súa ladeira ten gravadas un bo número de figuras, de suco visible, ancho e profundo. Á dereita pódese ver tres cabalos, con os seus xinetes agrupados, dispostos verticalmente.

Á esquerda desta escena hai un gran panel con figuras de círculos concéntricos, moi elaborados con outros elementos coma un ídolo, varios cervos….

Lat: 42º32'45.12"N
Lonx: -8º31'41.60"O

Pena Furada

terras campo lameiro 0009 07 outeiro da pena furada

Como o seu nome indica, a Pena Furada es unha enorme rocha con unha grande cavidade que se asenta sobre outra rocha. A particularidade deste conxunto é que na parte non accesible, gravouse unha pequena combinación circular, e na rocha sobre a que descansa plasmáronse varias cazoletas.

Lat: 42º32'40.31"N
Lonx: -8º31'3422"O

Moi preto da Pena do Outeiro, nunha pequena depresión do terreo encontrámonos con varias pedras con gravados de cervos e círculos concéntricos pouco acentuados. Destaca o cervo cornudo ó que representóuselle coa boca e os ollos no mesmo plano. Son os gravados de Fonte da Pena Furada.

Laxe dos Cabalos

laxe dos cabalos

Nesta Estación hai varias pedras gravadas con figuras e cervos e combinacións circulares. Destaca entre elas a que da nome ao conxunto, xa que está formada por dous cabalos que levan a súa grupa a sendos xinetes. Resulta curioso o dinamismo do gravado xa que representase o movemento dos cabalos coa elevación da cola.

Lat:. 42º32'39.05"N
Lonx: -8º31'32.64"O

Poboado

A recreacion dun pequeno poboado de fai uns 4.000 anos pretende asomar ó visitante a vida cotidiana durante a Idade de Bronze e observar, de xeito directo, aspectos coma a organización funcional do poboado, o sistema constructivo e a forma das cabañas, ou as especies que cultivaban e os animas que coidaban os seus habitantes.

Lat:. 42º32'39.4"N
Lonx: -8º31'41.7"O

Labirinto

Ao longo do parque arqueolóxico encontratmos areas de descanso, fontes, miradores panoramicos e outros elemenotos de consumo amable, coma este labirinto, unha escultura basada no famoso Labirinto de Mogor. O visitante pode entrar nel, e pódese percorrer ata encontrar a saída.

Lat. 42º32'39.4"N
Lonx: -8º31'41.7"O

 

Audioguía do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Descargar audiogía do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Información

Dirección

Praderrei s/n.
36119 Pontevedra

Aceso

...

Info útil

Recepción e reservas: +34 986 69 60 66
Visitas guiadas de Martes a Venres baixo reserva.
Sabados e Domingos: 12 y 16 horas.
Máis info en: http://www.paar.es/?lang=gl

Como chegar ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro(PAAR)

Código QR

qr campo lameiro parque arqueoloxico paar

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.541873
Lng: -8.530571

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°32'30.7"N
Lonx: 8°31'50.1"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea