Mancomunidade de Terras de Pontevedra

 

Arte Rupestre en Barro

 

No concello de Barro e situados en lugares que asoman ás rías de Arousa e Pontevedra, podemos atopar tres conxuntos de gravados destacables: o Petróglifo de Castro Loureiro e o de Outeiro de Codeso formados por catro laxes con gravados que mostran varias combinacións circulares, cazoletas e círculos concéntricos e o da Pedra Mirtada con dúas composicións circulares.

 

  • Outeiro de Codeso
  • Petroglifos  de Castro Loureiro
  • Petroglifo do Loural
  • Petroglifos de Outeiro de Codeso

  • Castro Loureiro

  • Petroglifo do Loural

Fotos: http://megaliticia.blogspot.com.es

Petroglifos de Outeiro de Codeso

Outeiro de Codeso. Laxe 2

Foto: Outeiro de Codeso, Laxe 2. Xesús Rodríguez Castro.

En agosto de 2006, coa vaga de incendios, no monte veciñal de Perdecanai no cumio dun outeiro chamado “o outeiro codeso”, a queima da vexetación desvelou unhas laxes con gravados sen catalogar. Por sorte ás laxes cos gravados non lles afectou directamente o lume por estar a ras do chan, e o outeiro permite hoxe a contemplación de catro laxes con motivos circulares.

Seguir lendo

Petroglifos de Castro Loureiro

laxe 1 do cervo

Situados no monte da parroquia de Portela, no lugar de A Costa e paraxe de Castro Loureiro, a unha altitude de 227 metros, os Petroglifos de Castro Loureiro forman un  conxunto de varias laxes dun afloramento granítico  no que se atopan gravados polo menos en catro delas. Unha quinta laxe, situada entre as dúas primeiras con gravados, ten un orixinal  burato resultado da erosión.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea