Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Arte Rupestre
  • Área arqueolóxica de Tourón

Área arqueolóxica de Tourón

O concello de Ponte Caldelas presenta numerosos recursos rupestres. Os mais significativos están na parroquia de Tourón onde se atopa un dos complexos de arte rupestre ao aire libre mais singulares do territorio galego, a Área arqueolóxica de Tourón, un recinto de máis de 150.000 metros cadrados que nos permite visitar cinco estacións con gravados nunha ruta de grande beleza paisaxística.

O acceso libre e gratuíto en área arqueolóxica, e non está sometido a horarios. A visita ao Centro realízase cando hai visitas guiadas. É de pago e necesita ser concertada previamente. Para concertar visitas guiadas hai que chamar ao 986 090 300. Prezo: 2 €. Entrada gratuíta para menores de 6 anos.

www.pontecandelas.org/touron

Centro Arqueolóxico

O Centro arqueolóxico do monte de Tourón é unha boa antesala para coñecer máis a fondo o sentido dos petroglifos que se despregan por toda a zona. Nas súas instalacións atoparás información sobre os lugares onde están situados os petroglifos. Tamén poderás contemplar unha exposición sobre a paisaxe e os asentamentos no Neolítico e como realizaban os nosos antepasados as escenas representadas nos gravados rupestres.

O area arqueolóxica dispón dunha ampla zona de descanso, concibida a modo de merendeiro, con mesas de pedra e unha fonte. A zona é arboredo e resulta ideal gozar da súa sombra logo de facer o percorrido no verán.

 

O percorrido pola Área Arqueolóxica de Tourón

Para visitar o recinto ir provisto de roupa abrigo e calzado cómodo, xa que estamos nunha zona de montaña. Recorda que a luz do amencer e do atardecer reforza a percepción dos surcos.

Estación. 1. "Outeiro da Forcadela"

Estación na que destaca un petroglifo con 2 círculos concéntricos repletos de cazoletas. Está situada en fronte do centro arqueolóxico e desde alí podes divisar o percorrido do parque.

Estación 2. "Coto das Sombriñas"

Estación na que destaca un petroglifo coa figura do 'Banderillero', figura humana cos brazos no alto e armas arreboladizas nas mans fronte a un animal de cola longa e caída.

Estación 3. "Laxe das Cruces"

Estación onde destaca un petroglifo coa figura dun gran cervo macho. Neste gran numeroso e heteroxéneo conxunto de petroglifos con motivos xeométricos e naturalistas pódense observar varias cazoletas, combinacións circulares, trísquelles e esvásticas.

Estación 4. "Coto da Siribela"

Estación onde destaca o petroglifo do 'Orante de Siribela', unha figura de aparencia humana con brazos abertos e amplas mans ou quizais ás e dotado con falo. Está situado baixo unha parella de cervos, un con gran cornamenta. Ademais de escenas de equitación con xinetas, tamén destaca un animal sen cornamenta, unha espiral, cazoletas e combinacións circulares.Ao seu lado esta o monumento "Recordando os

Cervos", unha moderna escultura construída con grosa láminas aceiro corten con figuras modernas dun grupo de cervos que recordan aos cérvidos que habitaban estes montes, na Idade de Bronce ( III e II A.C.), e que cazaban os nosos antepasados. O seu emprazamento é un excelente mirador.

Estación 5. "Naval de Martiño"

Conjunto  que presenta una gran escena de caza. Aparece un hombre con piernas flexionadas y manos alzadas con armas en medio de una gran manada de ciervos. Está ubicado en la zona más alta de área arqueológica y tallado en una gran roca inclinada.


A área Arqueolóxica do monte de Tourón é unha boa antesala para coñecer máis a fondo o sentido dos petroglifos que se despregan por toda a zona. Estes gravados rupestres representan unha gran variedade de motivos que van desde as combinacións xeométricas ata as habituais escenas de caza. O Centro de Interpretación enriquece a visita. O acceso ao Área Arqueolóxica é libre e gratuíto, e pode realizarse fose do horario do Centro Arqueolóxico. O percorrido está totalmente sinalizado.sitas guiadas

Para concertar visitas guiadas: 986 767 235
Prezo: 2 euros. Entrada gratuíta para menores de 6 anos.Consellos prácticos:

Para visitar o recinto, recoméndase ir provisto de roupa de abrigo e calzado cómodo, xa que estamos nunha zona de montaña. Recorda que a luz do amencer e do atardecer reforza a percepción dos surcos.

Info:

Tel: +34 986 767 235
Mov: +34 671 585 851
Mail: centroarqueoloxicotouron@pontecaldelas.org

fo:

Audioguía de Área arqueológica de Tourón

altavozDescargar audioguía do Área arqueolóxica de Tourón

Como chegar

A área Arqueolóxica do monte de Tourón é unha boa antesala para coñecer máis a fondo o sentido dos petroglifos que se despregan por toda a zona. Estes gravados rupestres representan unha gran variedade de motivos que van desde as combinacións xeométricas ata as habituais escenas de caza. O Centro de Interpretación enriquece a visita. O acceso ao Área Arqueolóxica é libre e gratuíto, e pode realizarse fose do horario do Centro Arqueolóxico. O percorrido está totalmente sinalizado.sitas guiadas

Para concertar visitas guiadas: 986 767 235
Prezo: 2 euros. Entrada gratuíta para menores de 6 anos.Consellos prácticos:

Para visitar o recinto, recoméndase ir provisto de roupa de abrigo e calzado cómodo, xa que estamos nunha zona de montaña. Recorda que a luz do amencer e do atardecer reforza a percepción dos surcos

Tags: arte rupestre

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea