Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.
  • Inicio
  • Actividades
  • Cultura e Patrimonio
  • Mosteiro San Salvador de Lérez

Mosteiro San Salvador de Lérez

Localización:

A Piolla (Lérez) ' San Salvador de Afuera ' Pontevedra
Para chegar até o mosteiro atravésase a ponte do Burgo desde Pontevedra, en dirección a Santiago pola N-550, 2 quilómetros máis adiante atopamos un desvío á dereita que sinaliza o mosteiro, 500 metros máis adiante atópase o edificio.


Descrición:

Situado na parroquia de San Salvador de Lérez e popularmente coñecido como 'San Benitiño', o mosteiro de San Salvador ou San Bieito de Lérez foi fundado no século X polos monxes beneditinos, e reformado nos séculos XVI-XVII, o que deu lugar ao actual templo neoclásico con fachada barroca do século XVIII, onde se amosa a imaxe de San Bieito nunha fornela.

Apegada ao muro sur mantense unha á do claustro do século XVI, onde aínda se poden observar nalgúns dos seus perpiaños signos lapidarios e inscricións románicas da antiga construción.

No que atinxe ao interior, de construcion posterior, destaca a capela de San Bieito (1700), que acolle unha fermosa imaxe do Salvador. A tradición é pasar de xeonllos por debaixo do altar do Santo como ofrenda.

No século XVI o claustro funcionou como Colexio de Humanidade e Filosofía, onde destacaron o P. Feijóo e o P. Sarmiento.
 

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea