Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra é unha mancomunidade turística que ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Cotobade, Campo Lameiro e Vilaboa.

 

 

Novas de Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra presenta unha nova oferta de arte rupestre dirixida ao turismo familiar

presentacion petra

Terras de Pontevedra aposta por potenciar a arte rupestre cunha oferta diferenciadora que se dirixe ao turismo familiar mediante "Petra", un personaxe de ficción que presentará aos nenos os lugares máis emblemáticos do patrimonio rupestre da mancomunidade.

A Mancomunidade Turística Terras de Pontevedra, mediante o Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia , está a traballar na potenciación do produto de Arte Rupestre buscando captar novos segmentos de mercado coma o Turismo Familiar e desenvolvendo diferentes actividades de promoción e comercialización do turismo na Comarca de Pontevedra.

Unha das claves desta proposta será “Petra”,  unha nena artista da Idade do Bronce, quen a través dunha historia introducirá ao mundo da Arte Rupestre, percorrendo os lugares máis emblemáticos deste  produto estrela e diferenciador no destino turístico Terras de Pontevedra.

 Descargar pdf "Ruta da arte rupestre con Petra"

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea