Mancomunidad de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • qué ver
  • Centro Histórico de Combarro

Centro Histórico de Combarro

00 combarro horreos beiramar

Situado fronte á illa de Tambo,  o Centro Histórico de Combarro, é visita obrigada para todo aquel que se achegue a coñecer Poio. O visitante non pode perderse o encanto deste pobo mariñeiro, que polo seu feitizo foi nomeado Conxunto de Interese Artístico e Pintoresco en 1972


As vivendas dispóñense en torno a un eixo lonxitudinal, a rúa de San Roque, da que saen outras rúas máis pequenas que descenden até o mar. Distínguense tres tipos diferentes de casas: a terreña, a labrega, e as de sobrado, todas elas de dimensións moi parecidas e formadas por unha planta baixa e un piso, no que se sitúan os seus particulares balcóns.

Pero o elemento máis salientábel do conxunto son os máis de 30 hórreos que se dispoñen en torno á costa, e que forman un dos maiores conxuntos de Galicia. A función destes hórreos de almacentamento apórtanos a imaxe dun pobo no que o agrícola e o mariñeiro se mesturan formando un conglomerado particular.

Tamén cabe subliñar os numerosos cruceiros dispostos entre as pequenas rúas empedradas, elementos relixiosos populares que, xunto aos hórreos, forman parte da paisaxe tradicional galega. llevar a cabo, y cuale

Audioguía del Centro Histórico de Combarro

  Descargar audioguía del Centro Histórico de Combarro

Información

Dirección

Carreiro de Campo, 17
Poio
36993 Pontevedra

Aceso

Aceso peonil

Info útil

Antigas casas mariñeiras construídas nos séculos XVII e XVIII.

 

Como Chegar ao Centro Histórico de Combarro

Código QR

qr poio centro historico combarro

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.4305807
Lng: -8.706737799999999

Coordenadas por grados (DMS):
42°25'50.1"N
8°42'24.3"W

 

 
 

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea